As Raices da Pedra

O alcalde Martiño Noriega Sánchez presentou onte o ciclo As raíces na pedra, froito da colaboración entre o Concello e catro das agrupacións de baile e música tradicional da cidade: Agrupación Folclórica Colexiata de Sar; Cantigas e Agarimos; Obradoiro de Cultura Tradicional Ultreia e Grupo de Baile e Música Tradicional Brincadeira.
Na rolda de prensa estivo acompañado por representantes das catro agrupacións.
O obxectivo do ciclo é o de difundir a nosa cultura tradicional do xeito máis lúdico posible e coa participación da cidadanía.
Ao longo dos vindeiros meses vanse organizar obradoiros nos que calquera se poderá iniciar no baile da muiñeira, das xotas ou das danzas de reis, e tamén aprender algo máis dos xogos tradicionais. Despois de cada obradoiro realizarase unha actuación.
As datas dos obradoiros e as actuacións son as seguintes:
-11 de Xuño na Praza de Praterías: Muiñeira (Imparte Colexiata do Sar) // Actúa Cantigas e Agarimos.
-1 de Setembro na Praza de Salvador Parga e Praza de Cervantes: Tempo de Lecer (Imparte Brincadeira) // Actúa Ultreia.
-12 de Outubro na Praza do Toural: Xota (Imparte Cantigas e Agarimos) // Actúa Colexiata do Sar.
-26 de Decembro na Praza de Praterías: Cantos de Nadal e Danzas de Reis (Imparte Ultreia) // Actúa Brincadeira.
Vémonos nas prazas!

 

Estreno Páxina Web

Xa temos dispoñible a nova páxina web do grupo de baile Brincadeira.

En ela podrás anotarte a todos os cursos, ver imaxes das nosas actuacións, e estar o tanto das próximas.

Esperamos que vos guste a todos!