Brincadeira formouse a finais dos anos 70 co obxectivo de conservar e difundir a música e o baile tradicionais galegos. Os primeiros membros de Brincadeira procedían de Coros y Danzas de la Sección Femenina de Santiago de Compostela que naceran en 1942 e desapareceron durante a Transición. Deles e delas herdamos instrumentos, traxes e o gusto polo noso baile e a nosa música; pero en Brincadeira démoslle outro enfoque ao feito folclórico: queremos conservar e difundir o sentir da cultura tradicional galega que se viña transmitindo de xeración en xeración.
O repertorio de Brincadeira baséase nun traballo de campo realizado ao longo de toda a xeografía galega e no que se busca como informantes ás persoas de máis idade que aprenderon da tradición oral. Nas súas actuacións, Brincadeira trata de reproducir o máis fielmente posible as pezas de baile e música recollidas que amosan a variedade e a riqueza da nosa cultura. O mesmo ocorre co vestiario, elaborado con tecidos naturais, seguindo modelos e patróns antigos, e coidando as características específicas de cada comarca.
Co fin de difundir o traballo realizado, o grupo vén participando dende sempre en festivais nacionais e internacionais, homenaxes, festas, romarías, mostras, exposicións, congresos, e, por suposto, facendo intercambios con xentes doutras culturas. Neste empeño traballan unhas 30 persoas distribuídas entre o corpo de baile, o grupo de gaiteiros e o grupo de pandereteiras, así como os directores artísticos de cada unha das seccións.
Que Facemos?
O grupo de Baile e Música Tradicionais Brincadeira desenvolve actualmente as seguintes actividades:
MANTEMENTO DA ESCOLA DE BRINCADEIRA, que comprende:
- Clases de baile tradicional para nenos.
- Clases de baile tradicional (iniciación) para adultos
- Clases de baile tradicional (perfeccionamento) para adultos e xoves
- Clases de gaita (iniciación)
- Clases de gaita (perfeccionamento)
- Clases de instrumentos percutivos
- Clases de acordeón
- Clases de pandeireta e canto (nenos e nenas)
- Clases de iniciación de pandeireta e canto (adultos)
- Clases de perfeccionamento de pandeireta e canto (adultos)
Actuacións
A continuación deixamosvos todas as actuacións do Grupo Brincadeira nos últimos 10 anos.
- Actuación na Feira de Artesanía. A Coruña, 27 e 28 de febreiro
- Actuación para a Asociación de Gaiteiros de Galicia no seminario de folclore impartido no Centro Sociocultural do Castiñeiriño. Santiago, 7 de marzo
- Actuación na Festa do Ensaltamento do Viño da Ulla. Vedra. 5 de abril.
- Actuación e intercambio cos alumnos dos institutos franceses “Lycée Foch e Lycée no Teatro Principal: Santiago de Compostela, 5 de abril
- Actuación nas Festas da Ascensión. Santiago de Compostela, 21 de maio
- Actuación en voda. Lavacolla. Santiago de Compostela. 6 de xuño
- Participación no Día do Exaltamento do Traxe en Vigo. 13 de xuño
- Actuación para grupo de turistas franceses. Pazo San Lourenzo. Santiago de Compostela, 11 de xuño
- Actuación para os asistentes ó congreso de INMINAC. Claustro da Universidade de Santiago de Compostela. 24 de xuño
- Festival de Fin de curso da Escola de baile e música tradicionais de Brincadeira. 25 de xuño
- Actuación para as Festas do Barrio de San Pedro. Santiago de Compostela, 27 de xuño
- Participación nas Xornadas de Folclore Galego. Santiago de Compostela, 18 de xullo
- Actuación na Festa do Escalo. Concello de Trazo. 19 de xullo
- Organización e participación na caravana de xugadas no Dia do Traxe. Santiago de Compostela, 26 de xullo
- Actuación en voda. Pazo de Lestrove-Dodro. 8 de agosto
- Participación na “Arrincada do liño” organizada por Feiraco. Santiago de Compostela, 17 de agosto
- Participación no “secado e tratado do liño” organizada por Feiraco en Dumbría, 24 de agosto
- Actuación para congresistas no Hotel Araguaney. Santiago de Compostela, 2 de outubro.
- Festas da Ascensión (Santiago de Compostela). 01-05-08
- Dia do Traxe en Vigo. 14-06-08
- Voda no restaurante Balboa. 31-maio
- Festival Fin de Curso Escola de Brincadeira. 26 de xuño
- Festas do barrio de San Pedro (Santiago de Compostela) . 29- xuño
- Cee. Asociación de Mulleres de Brens. 19-xullo.
- XXXVIII Xornadas de Folclore. Festas do Apóstolo. Santiago de Compostela. 20-07.
- Clausura para “Cursos Internacionales da U.S.C.”. 01-08-09
- Coral de Mulleres de Bembibre 02-agosto
- Festas Nª Srª. Porto do Son. 15-agosto.
- Encontro co coro galés 19-agosto
- Mostra de traxes Festas en Melide, 29, 30 e 31 agosto
- Actuación en Melide, 31- agosto
- Actuación pandereiteiras Festas do barrio de Conxo. Santiago. 09-setembro
- Actuación e animación a ruada Festas do barrio de Conxo. Santiago. 13-setembro
- Festa particular. Soutelo de Montes, 20-setembro
- Festival do coro Cantigas da Terra. A Coruña, 27-setembro
- XXV aniversario “Mocedade da Torre”. Vilagarcía de Arousa. 22-novembro.
- Essen (Alemaña). Feira de Turismo. febreiro
- Festas de San Xoán en Guitiriz (Lugo). 24-xuño
- Festival Fin de Curso Escola de Brincadeira 28 – xuño
- Festas do barrio de San Pedro (Santiago de Compostela) . 28 e 29- xuño
- Bembibre . Asociación de Minusválidos do Val do Dubra e Comarca. 7 de xullo
- Festa do Escalo. Chaián. Santiago de Compostela. 28- xullo
- XXXVII Xornadas de Folclore. Santiago de Compostela. 22 de xullo
- Actuación en A Rua de Petín (Ourense). 25 de Agosto
- Jornadas Gastronómicas. Guadalajara (Méjico) Do12 ó 15 de setembro
- Festival de Toxos e Xestas (Barcelona) 20-Outubro