Matrícula 2024 – 2025
- Información e consultas en matriculabrincadeira@gmail.com
PRAZOS MATRICULA (praza por orde de inscrición rexistrada no formulario)
- ANTIGO ALUMNADO: 9 de Setembro 2024 a 13 de Setembro 2024
- NOVO ALUMNADO: 16 de Setembro 2024 a 27 de Setembro 2024
O proceso de selección será por orde de chegada das solicitudes. Acórdate de darlle a enviar unha vez completado o formulario. Notificaremos vía mail a cada persoa que obteña praza na actividade interesada para formalizar a matricula.
A praza gardarase 48h dende a notificación via mail, polo que rogamos que estén atentos ao correo electrónico e a bandexa de correo non desexado. Aconsellamos agregar a nosa conta á vosa lista de contactos do correo: matriculabrincadeira@gmail.com
A inscrición realizase a través do Google Forms:
FORMULARIO
FORMA DE PAGO: MATRÍCULA E PRIMEIRO MES
O importe do primeiro mes e a matrícula deben aboarse a través de transferencia bancaria nun prazo máximo de 48h dende o envío deste documento.
No caso de non efectuarse este pago pérdese o dereito á praza reservada.
A TRANSFERENCIA DEBE SER INDIVIDUAL. No caso de que o titular da conta vaia facer o pago de dúas ou máis persoas, terá que realizalo en transferencias diferentes/individuais.
PREZOS POR ACTIVIDADE:
- 17 €/mes, 13 anos en adiante
- 15 €/mes, menores de 13 anos
- Grupos reducidos: 25 €/mes:
- Luns 20:30h a 21:30h con David Canto
- Mércores 11:00h a 12:00h con David Canto
PREZO DE MATRÍCULA:
- 30€
EXENCIÓN DE MATRÍCULA
No caso de familiares directos (parella, nai, pai, fillos/as), só paga a matrícula un dos membros. Os demáis están exentos.
O alumnado que estivera en dúas ou mais actividades o ano pasado e este ano vaise apuntar a dous ou máis, queda exento de matrícula. No caso de ter que dar de baixa algunha actividade e quedar só nunha, é necesario aboar o importe da matrícula.
DATOS BANCARIOS:
Titular: Grupo de Baile e Música Tradicionais Brincadeira
Número de conta: ES77 2080 0319 6130 4001 1447
Concepto: «NOME E APELIDOS ALUMNA/O + MATRICULA»
€ total: 30€ de matrícula + 1ºmes da/s actividade/s elixida/s
NORMAS:
- No caso de darse de BAIXA, terá que comunicala antes do día 20 do mes, notificándoa ao correo: matriculabrincadeira@gmail.com. No caso contrario, terá que aboar o mes completo.
- No caso de pago do curso completo NON SE FARÁ o REEMBOLSO das clases aboadas ás que non se asista.
- Cobrarase SEMPRE o mes completo, independentemente de que se comecen as clases a mes avanzado [ 1ª, 2ª, 3ª ou 4ª semana]
PAGO DO CURSO, IMPORTE RESTANTE LUEGO DA PRIMEIRA CUOTA
MÉTODO DE PAGO DO CURSO:
- DOMICILIACIÓN BANCARIA MENSUAL
- PAGO DE TODO O CURSO MEDIANTE INGRESO/TRANSFERENCIA
- PAGO DE TODO O CURSO EN EFECTIVO
No caso de seleccionar «pago de todo o curso«, gozará dun desconto dunha mensualidade. Non se poderá facer devolución ao longo do curso por darse de baixa.
O curso consta de 9 meses, polo que pagada a primeira cuota na inscrición, os meses por pagar son 7.
O importe restante vai ser:
- 119€ 13 anos en adiante (7 meses)
- 105€ menores de 13 anos (7 meses)
- 175€ grupos reducidos (7 meses)
- 136€ 13 anos en adiante
- 120€ menores de 13 anos
- 200€ grupos reducidos
Para a realización do pago poderá facelo en efectivo dende o 16 de Setembro de 2024 ata o 27 de Setembro de 2024 de forma presencial no local de Brincadeira de Luns a Venres de 18:00h a 21:00h.
Se prefire, pode facelo por transferencia bancaria:
DATOS BANCARIOS:
- Titular: Grupo de Baile e Música Tradicionais Brincadeira
- Número de conta: ES77 2080 0319 6130 4001 1447
- IMPORTANTE!! -> Concepto: «NOME E APELIDOS ALUMNA/O + CURSO COMPLETO»
Cota Mensual
17 €/mes
15 €/mes (nenas/os até 12 anos inclusive)
Grupos reducidos: 25 €/mes:
- Luns 20:30h a 21:30h con David Canto
- Mércores 11:00h a 12:00h con David Canto
As clases inician o día martes 01 de Outubro de 2024
* No caso de que se esgoten as prazas, tentaremos establecer horarios para formar novas clases segundo dispoñibilidade do local e profesorado.
Inscríbete
A inscrición é a partir dun formulario online. Cando se abra o prazo poderás acceder dende aquí.